O pasado 5 de Setembro 2021 varias plataformas realizamos roteiros dende os nosos concellos ate o Monsteiro de Caaveiro nas Fragas do Eume. Parque natural que queda cercado por 104 muiños de varios polígonos industriais eólicos.

A plataforma MonferoDInon saímos ás 11h dende a central da Ventureira. Nestas imaxes podemos ver como quedaría a vista dende alí cos aeroxeneradores proxectados na Serra de Queixero.
Dende alí camiñamos ate o Mosteiro, onde nos atopamos coas diferentes marchas que viñan dende outros 3 puntos, A Capela, Cabanas e Ombre.
A chegada leimos o Manifesto de Caaveiro, redactado polas diversas plataformas e entidades
Tras a lectura do MANIFESTO e corear sloganes contra o modelo enerxético, aconteceu unha reunión INTERplataformas na que tratáronse diversos temas de coordinación e futuras accións.
Bravo! 👏🏻👏🏻👏🏻👊🏻💪🌿💚
Me gustaMe gusta