Este 16 de Outubro estivemos en Madrid xunto a outras 182 plataformas de todo o estado español que nos opoñemos á construcción de poligonos industriais sobre as nosas vidas e o patrimonio de todalas persoas, baixo o paraugas de ALIENTE.
Segundo Delegación do Goberno estivemos 5000 persoas, e segundo a organización 15000.
De Galicia saímos case todas as plataformas que estivemos en Caaveiro, e moitas máis. Agradecemos a labor de difusión de contidos de OrtegalDinon, AireLimpo Mariñas/Mandeo, Monte do Gato ou Montes do Chá, xa que algunhas das fotos publicadas foron enviadas por estas organizacións.
Pola mañá fomos até o Congreso, onde nos recibiron varios deputados e senadores cos que puidemos falar das nosas reivindicacións.
Pola tarde foron chegando buses e columnas de todos os territorios do estado. A marcha comezou en Atocha e chegamos até Sol.
A continuación, podes ver algunhas imaxes das plataformas e colectivos que chegados dende todo o estado, xuntámonos na manifestación #RenovablesSIperoNoAsí #16oConAliente