Hoxe presentamos unha 🛠️ ferramenta para solicitar o número de alegacións presentadas pola cidadanía a un proxecto eólico. Trátase dunha simple solicitude ao organismo tramitador.
¿Por que queremos sabelo? porque temos o dereito e queremos saber canta oposición están xerando os macro polígonos industriais eólicos entre a cidadanía.
Fundaméntase no dereito que temos as cidadás: de petición do artigo 29 da Constitución española, na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE), na Lei galega 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e no Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia.
Só tes que presentar a solicitude vía calquera rexistro, ou vía rexistro telemático. No caso dos P.E. maiores de 50MW á Delegación do Goberno vía https://rec.redsara.es/
A continuación os textos necesarios, podes copiarlos e pegalos nos cadros correspondentes, ou completalos cos teu datos e adxuntar un PDF, ou no caso dun rexistro presencial imprimir completar e presentar.
SOLICITUDE de Información número de alegacións.PDF
SOLICITUDE de Información número de alegacións.docxs

É similar a presentar unha alegación. Podes seguir este 🪓🧑🏽💻 MANUAL para facer as alegacións online
No caso de que non teñas contestación no plazo de 1 mes, a carrera burrocrática continua, podes enviar o xustificante ao Valedor do Pobo ,e ao Defensor do Pueblo.

As plataformas estamos pasando un calvario para poder presentar as alegacións que recollemos firmadas a man. A administración non facilita ese rexistro. Os rexistros dos concellos colapsan cando as levamos. Ao non permitirnos rexistrar todas as alegacións, vulneran os nosos dereitos.