Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Rexistros colapsados ante a avalancha de alegacións aos P.E CAIÑO e P.E BRANCELLAO

Como sabedes montamos mesas de alegacións e distribuimos entre as veciñanzas afectadas modelos para logo ser entregados. A situación é que os rexistros dos concellos, onde entrgamos as alegacións en papel, de xeito presencial, dos P.E Caíño e P.E Brancellao, non dan feito, non están acostumados a esta cantidade de alegacións por parte da veciñanza. Non é a primeira vez que acontece. Xa aconteceu con moitos parques, entre eles Pena Do Corvo e outros que afectan o noso territorio. Pero tamén acontece fóra de Galicia.

Deste xeito non somos capaces de entregar tódalas alegacións firmadas e temos que facer un gran esforzo en dividirnos e transportalas a outros concellos. Aquí alguns tweets da plataforma de Monfero:


Algunhas veces cando imos ós concellos entregar as alegacións temos que escoitar cosas do tipo «non podemos traballar para vós todo o día», cando ven que son moitas as alegacións tratan de frenar a entrada masiva con recursos como as «follas de Autorización».

OBRÍGANNOS A LEVAR UNHA AUTORIZACIÓN FIRMADA POLA PERSOA QUE NOS ENTREGOU A SÚA ALEGACIÓN XA FIRMADA, PARA QUE A PRESENTEMOS NUN REXISTRO OFICIAL

Ditas irregularidades privannos as comunidades dos territorios rurais dos nosos dereitos fundamentais máis básicos.

Os rexistros que privaron aos veciños de exercer os seus dereitos neste caso foron: Concello de Curtis, Concello de Monfero, Rexistro da Xunta de Ordes e Rexistro Central de Monelos.

Consultado esto cos GABINETES XURÍDICOS confirmáronnos que dita autorización non era necesaria:

Presentar alegacións non está entre os 5 supostos do art. 11 da Lei 39 (Ley 39/2015, de 1 de octubre, do Procedimento Administrativo Común das Administracións Públicas que entrou en vigor o 02/10/2016), donde sí están : Formular solicitudes. Presentar declaraciones responsables o comunicaciones. Interponer recursos. Desistir de acciones. Renunciar a derechos.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: