Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

PLATAFORMAS AFECTADAS RESPOSTAN AO PACTO POLA ENERXÍA EÓLICA

Fronte ao ‘Pacto pola Enerxía Eólica‘ presentado polo secretario Xeral do PsdeG, Valetín González Formoso, e asinado por PsdeG, CC.OO., UGT, Unións Agrarias, Vento Noso e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, as plataformas e asociacións veciñais de afectados polos eólicos, integrantes da coordinadora Aldeas Libres de Macroeólicos, reclaman un pacto xusto, ordenado e que redistribúa a riqueza de xeito efectivo

  • Establece o art. 128 da Constitución Española que toda a riqueza do país nas súas distintas formas e independentemente de cal fora a súa titularidade está subordinada ao interese xeral. Non somos “@s do Non”. Somos @s que defendemos os intereses colectivos d@s veciñ@s do rural fronte aos intereses particulares da iniciativa privada. Reivindicamos unha redistribución xusta da riqueza que poña as persoas no centro e non o capital.
  • Se tal como se recoñece no texto do pacto existe “unha lexítima preocupación da sociedade galega” perante o aluvión de novas propostas para a instalación de parques eólicos, parece razoable afirmar que @s veciñ@s afectad@s deben formar parte dun pacto social sobre un implantamento ordenado e xusto das renovables na nosa terra.
  • Os sindicatos firmantes do pacto (CC.OO. e UGT), así como a organización profesional Unións Agrarias, teñen unha implantación limitada nas nosas aldeas como para se poderen entender representativos dos intereses colectivos dos habitantes do rural. O distanciamento dos aeroxeradores continúa a deixar @s veciñ@s en posición de vulnerabilidade.
  • Tanto a Lei Estatal 18/2021 como o proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade
    Autónoma de Galicia para o ano 2022 prevén que “a distancia dos aeroxeradores ás de limitacións de solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado será a maior destas dúas: 500 metros ou 5 veces a altura total de aeroxerador”. Logo, para un aeroxerador de 200 metros a distancia a manter con respecto das casas sería de 1 Km. Non obstante, está constatado (1):
    ➔ A perda de valor de ata un 30% das casas e terreos ubicados ata a 30 Km do parque.
  • ➔ O perigo de accidentes por desprendemento de pezas e sobre todo no inverno, cando
    as aspas acumulan xeo que pode ser proxectado a varios quilómetros de distancia. ➔ Ruído Insoportable.
    ➔ Efecto discoteca ou parpadeo das sombras das aspas en movemento que caen enriba das casas ocasionando un efecto moi molesto.
  • A creación masiva de emprego é unha falacia. Son empregos temporais asociados ao período de construción e moi especializados que non adoitan repercutir nas poboacións locais (2).
  • Contribúen ao despoboamento. Os parques eólicos non son elementos dinamizadores do contorno porque non existen actividades asociadas. O art. 4.3 do Estuto de Autonomía de Galicia dispón que os poderes públicos da Comunidade Autónoma asumen como un dos principios rectores da súa política social e económica o dereito d@s galeg@s a viviren e tra ballaren na súa propia terra.
  • Os cartos da venta da enerxía eólica non repercuten nas comunidades locais. Galicia ten a segunda factura da luz máis cara de Europa. Ademais, os estudos constatan que entre o pago do canon eólico, os impostos municipais e os arrendamentos @s propietari@s non so brepasa o 6% da facturación (3). Precisamos sistemas alternativos de autoconsumo como comunidades enerxéticas e xeracións distribuídas que contribúen á descentralización da enerxía e á proximidade entre produción e consumo
  • Non se pode condicionar a implantación dun parque a contar co 50% dos contratos voluntarios. Calquera veciñ@ vai estar afectad@ sexa ou non propietari@ e polo tanto é titular de intereses lexítimos o que, segundo o art. 4 da Lei 39/2015, xa @s converte en interesad@s no procedemento administrativo con tódolos dereitos que iso implica (art. 53 da Lei 39/2015). Esiximos outros instrumentos acaídos para medir o apoio ou rexeitamento social aos novos proxectos eólicos, como pode ser a convocatoria dun referéndum.
  • A implantación da vía de urxencia que pretenden o Goberno do Estado e da Xunta na tramitación dos novos proxectos eólicos de competencia estatal e autonómica, respecti- vamente, vulnera o dereito á información pública, nos termos previstos no art. 105 da Constitución, sendo un ataque directo contra o principio de transparencia administrativa.
  • A imposición da vía de urxencia impide as «avaliacións de impacto ambiental rigorosas» que defende o pacto e tamén as do impacto sobre o patrimonio cultural.
  • Non hai unha condena clara da fragmentación dos parques, posición que si que foi secundada mediante sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e posteriormente ratificada polo Tribunal Supremo (4).
  • Fanse declaracións de intencións abstractas e torticeiras en cuestións nas que o presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes non ten potestades, por seren competencias estatais ou autonómicas. Por exemplo, proponse unha revisión da fiscalidade sobre os novos proxectos eólicos cando as Entidades Locais (como é unha Deputación ou un Concello) só teñen competencias para esixiren tributos pero non para os estableceren, care- cendo polo tanto de iniciativa lexislativa.
  • Non é xusto que territorios coma Galicia e, particularmente, os concellos pequenos sexan gravados cun impacto tan grande no seu medio ambiente, nas súas actividades gandei- rase e forestais ou no seu patrimonio histórico e cultural.
  • Sabemos da premura que ten Endesa por substituír a produción térmica pola eólica nas Pontes, co obxecto de non perderen o acceso aos nodos da conexión á Rede Eléctrica Española. Os intereses particulares dunha empresa privada non poden estar por riba dos in- tereses xerais dos veciños e veciñas.

(1) Bando Municipal sobre os efectos da implantación de macroparques eólicos do Concello de Curtis (2) Informe Macroeólicos Galicia (2021)
(3) Publicado en Praza Pública: https://praza.gal/opinion/pola-democratizacion-da-enerxia-eolica

(4) https://www.cronica3.com/2022/03/a-asociacion-galega-de-consumidores-e-usuarios-afirma-que-a-sentenza- do- supremo-que-anula-o-parque-de-sasdonigas-pon-en-cuestion-o-modelo-eolico-da-xunta/

ASINAN:

Afectad@s de Paderne
Monfero di NON
Cerdido di NON
Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo
Cabanas di NON
Afectados por Eólicos Vilaboa
FRUGA (Federación Rural Galega)
TEXMoeche
Plataforma Caíño Brancellao
Asociación A-LEGRE (Oza-Cesuras)
Comuneiros do Chá
Salvemos o val de Barcia e o Monte Xalo
Veciños polo rural
S.O.S Encrobas
Quijote de Outes
Colectivo Terra-Pontedeume
Ecoloxistas en Acción Lugo
Plataforma para a defensa Animal e da Natureza
Ecoloxistas en Acción Sarria-Monforte
Ecoloxistas en Acción Vilalba
Moveneda
Plataforma Terra Chá
Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre “Con-Ética” ̈ Salvemos o IribioEcoloxistas en Acción Coruña SurEcoloxistas en Acción Costa da Morte
Ecoloxistas en Acción Ortegal
Comité de Defensa das Rías Altas
Ecoloxistas en Acción A Mariña
Víctimas de la Justicia
Ecoloxistas en Acción Ártabra
Ortegal di NON
Ecoloxistas en Acción A Coruña
Stop Eólicos Xurés Celanova Ecoloxistas en Acción Barbanza Ecoloxistas en Acción O Ribeiro

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: