Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Un ano xa de rabear e padecer. Reflexións veciñais.

Un ano xa de rabear e padecer, sen falta ningunha. Malia a alma que os fixo a todos!
Que xente máis ruín! ¿Non haberá en que ganar a vida sen andar fastidiando aos máis?
A quen está quieto no seu curruncho, sin meterse con nadie.
Así lles vaia a eles como me vai a min, que rabeen e que lles veñan outros facer mal.

Hai tempo que son pesimista acerca dos políticos que teño e vexo con pena como van a peor. Uns ineptos son sustituídos por outros aínda peores, pero mellores que os que virán detrás. Ata agora non para a tendencia. Sei que non pode seguir ata o infinito, que en algún momento debemos tocar fondo por forza, pero non da chegado o fondo.

Eu ía tirando eu sen me meter en nada, pensando que malo sería, que se outros aguantaban o que viñeran eu tamén o había de aguantar, as crisis, o empobrecemento dos servizos públicos, da separación de poderes, de todo o necesario nunha sociedade que aspire a ter o mínimo benestar para os seus cidadáns.
Pero está visto que non hai xeito de librarse, que se non che vén por un lado hache de vir por outro, e aí vén a peste esta dos muíños e mais da cadela que os trouxo, pra o Castelo da Pluma. Cousa que non entra na cabeza de ninguén, entrando nun Parque Natural, nunha serra baixa en zona poboada, nos hábitats Natura2000, á beira do propio Berce de San Rosendo…

Pois entra na cabeza de quen nos rixe e ata dos que seica nos van rexir. Resulta que o caso é que haxa traballo nas Pontes, a nós pódennos ir dando polo saco. Só que aí engánanse, porque polo saco pódenlles dar a eles tamén.
Eu son un cidadán promedio, mediocre de todo, se eu penso así, ha de haber moitos máis que pensen así, que vexan amenazado o seu lar, o sitio onde o boi nace, onde pace. E eses teñen parentes e amigos, e o enfado hase de ir estendendo e ha de chegar á Coruña e a Madrid, e hanlles de dar polo saco aos que nos queren dar a nós.
Coma unha canción de Molotov, o grupo mexicano, que ten unha parte que di: «para que todos chinguemos igual». Pois iso, aquí vai haber pra todos.

Hai máis partidos aos que votar. Nada me importa votarlle a uns ou a oturos, e heille de votar ao que máis se opoña aos muíños en todas as eleccións. Ao que vexa que lles ataca máis aos muiños a ese lle voto.
E se moitos fan como vou facer eu, os muíños poñeranse, pero non lles van servir pra nada aos que os poñan, vanlles salir caros, que iso é o xusto, si señor, iso é o xusto.


A Xunta vai transformar Galicia enchéndoa de muíños para fabricar hidróxeno verde.
Que transformación máis adecuada! Que visión de xente!

Naturalmente na noticia non falan nada do que leva aparellada esa fábrica, de cantos muíños se van poñer para abastecela, de cantas vivendas se van ver afectadas e de que efectos se estiman na contorna. Non falan diso porque iso non vale para dicir. Nin din tampouco como eses proxectos serán subvencionados con cartos de todos, dos que lles van poñer os muíños ao pé da casa tamén, sen que teñan defensa ningunha. Iso non se fala.

Nós cotexamos os datos públicos e sabemos o grao de afectación con números, un traballo que tiña que realizar a administración. O estamos facendo cun pequeno financiamento colectivo, no que se meteu diñeiro que se colleu indo casa por casa.

Nin se di que ningún dos responsables de dar eses cartos públicos nin as autorizacións e as declaracións de interese público terá ningunha responsabilidade persoal sobre o resultado, ningunha en absoluto.

https://www.lavanguardia.com/vida/20180620/45285521380/ribera-nadie-recurrio-la-evaluacion-de-impacto-ambiental-del-proyecto-castor.html


Cando todo se revele inútil, cando haxa que cerrar esa planta porque ese hidróxeno se vexa máis gravoso para o medio ambiente que beneficioso, ninguén se fará responsable de nada, chamaranse de Cobas todos.

Así que, dicídeme se non ten razón o túzaro de Iberdrola?, que somos tontos. Somos tontos de remate!!


Se non fóramos tontos teriamos unha lexislación que fixera responsables persoalmente, co seu patrimonio, a quen dese autorizacións para facer proxectos que implican someter a calquera cidadán a expropiacións ou a soportar calquera impacto na súa residencia.

Algún podía dicir que lles votei unha maldición aos que tran os muíños. Non tal. Non lles votei nada porque non teño ese poder. E, sen embargo, iralles mal. Tan certo coma que o sol sairá mañá polo Este que lles ha de ir mal. Halles de ir mal porque ningunha empresa feita sobre o sufrimento de unhos para o beneficio de outros sae ben. Ensináronmo na escola de Enxeñeiros, observeino sempre no tempo que levo traballando, e ademais é lóxico. Non lles irá ben nin aos donos de Regasosa, nin a os de quen os financia nin a quen lles facilita as licenzas. Inversores, industriais, banqueiros, políticos. Todos perderán. Perderán con nós. Perderemos todos.
A fábrica de hidróxeno non dará nunca nada. Dudo que dea recuperado a inversión. En poucos anos haberá que facer unha reforma do sistema enerxético á bruta e irá pra a merda todo iso.

E daquela non existirían aeroportos sin avións, pistas de esquí no medio de Castilla, circuitos de carreiras sen carreiras nin trens sen viaxeiros. Nin déficit público nin roubo a mansalva como se leva feito e se sigue facendo, e se seguirá.
Non o credes? Pois non hai 15 anos que a empresa na que traballo fixo o depósito máis grande que fixemos ata hoxe pra unha desaladora. Alí está a desaladora e mais o depósito. Coma aquela varias por España.
O mesmo será agora.

Se pos os muíños aquí e queres mandar a enerxía para Alemaña, pois non vai, non quere ir, a natureza non quere mandar a enerxía de aquí para Alemaña, porque non atopamos como levala. A natureza quere que a fábrica estea aquí, ao pé do muíño. Mira o democrática que é a natureza.
Querer levar a enerxía non che deixa, pérdela toda. É coma se vén un iluminado e di, pois cargo unha pila e lévoa para Alemaña e a gasto alá. Pois non, porque tes que gastar máis en levala que o que vai dar a pila. Ou aproveitas a enerxía aquí ou a deixas perder. Ata o de agora estivemos a desaproveitar, gastando e gastando, non nos importaba canto se perdía, pero agora estamos a chegar ao límite do planeta e xa non hai solución por este lado. Agora vai importar o que se perde porque non vai haber dabondo, e non se vai a poder perder nada.

As cousas caen cara o centro da terra. Tanto da que voten 20.000 horas planeando coma 20.000 siglos, contra natura non se pode ir. Cegados pola soberbia e pola cobiza non o ven, pero halles de ir mal. Non lles pode ir ben. E os pobres non o ven. Cada vez teño peor concepto dos economistas. De verdade. Estame parecendo que o oficio de economista parécese ao de trilero.

E alí está o vello aguantando os muíños. Como non hai xente non ten un centro de saúde ben dotado, porque o gobernante non pode gastar cartos de todos os galegos só para o velliño aquel. O que si terá tal vez será un patrocinio para o equipo de fútbol ou para o do que sexa que haxa alí, que lle paga xenerosamente o industrial que explota os muíños.

E cando morra o velliño e lle quede o lugar ao fillo, alí na notaría xa lle van explicar que vai no lote a servidume dos muíños, quédanlle ao lombo tamén.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: