Este setembro presentamos O vento no horizonte das nosas aldeas, unha unidade didáctica integrada sobre o impacto dos polígonos industriais de xeneradores eléctricos.
Esta unidade didáctica é unha proposta da Asociación Rural Contemporánea á Comunidade de Saberes e Accións Arredor do Rural. Unha unidade didáctica deseñada para o nivel educativo de Educación Infantil feita como colaboración entre Rural C e a rede Arredor do Rural (impulsada pola asociación Avoar, o GI Esculca e a USC).
Hai un ano, dende a asociación comezamos a desenvolver o traballo do grupo de mapas GIS_MonferoDiNON (mapas nos que visibilizar os proxectos de macroeólicos proxectados e en tramitación nas nosas aldeas e territorios), os videos 3D, a campaña Natura2000 vs Eólicos en Galicia, o Informe Macroeólicos Galicia e ofrecendo outros moitos recursos. Partindo dos resultados do INFORME “MacroeólicosGalicia”👈e da necesidade de achegar ás escolas o impacto das industrias renovables nas nosas serras e aldeas, puxémonos como obxectivo ter unha unidade didáctica integrada que ofrecer a partires deste curso 2022-2023.
Esta unidade didáctica integrada para Educación Infantil vai acompañada do álbum ilustrado en versión dixital «Unha carta prometedora».
Podes descargar aquí os pdf coa unidade didáctica integrada, O vento no horizonte das nosas aldeas, e mais o álbum ilustrado, Unha carta prometedora.
Se queres, temos tamén para descargar unha versión da unidade didáctica co texto xustificado ao centro.
A unidade didáctica e o álbum ilustrado están feitos para poder compartilos, usalos, melloralos…, baixo unha licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0), así que adiante!
Deixamos un pequeno formulario coa intención de ter unha retroalimentación do uso da Unidade Didáctica Integrada «O vento no horizonte das nosas aldeas», tanto respecto a coñecer o seu impacto como tamén valoracións e suxerencias.
O vento no horizonte das nosas aldeas na prensa
Entrevista a Vanesa Castro na radio SER de Ferrol: https://play.cadenaser.com/audio/1664262170174/
Una unidad didáctica para escolares aborda el impacto de los eólicos en las zonas rurales: https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/actualidad/una-unidad-didactica-para-escolares-aborda-el-impacto-de-los-eolicos-en-las-zonas-rurales
Un proyecto didáctico lleva a las escuelas gallegas el impacto de los parques eólicos sobre el entorno:
Un colectivo de Monfero crea una unidad didáctica sobre el impacto eólico en el rural: