Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Encontro coa ministra Teresa Ribera

O compañeiro Colás do Pieiro captou o momento da conversa. Atención á linguaxe non verbal da ministra, que mira pra abaixo mentres fala con nós.
Entregámoslle á ministra, como agasallo, un cartel de #AldeasLibresdeMacroeólicos.

Esta mañá, 13 de xaneiro do 2022, persoas de diversas plataformas, reaccionamos ante a presenza da ministra de Transición na ría do Burgo, na Coruña, que viña presentar o programa de axudas millonarias do MITECO ao sector empresarial eólico, ao que felicitou pola cantidade de proxectos presentados, 195, dos cales 35 son de hidróxeno verde. A continuación, así nolo contaron os representantes políticos nas redes.

Foi moi sinxelo, de xeito espontáneo e sen ser convocadas por ninguén, veciñas de distintas plataformas acudimos ao Burgo pra falar coa ministra.

A cambio de apartarnos da foto, ela accedeu a falar coa xente.

Prantexámoslle á ministra Teresa Ribera que non estamos en contra das enerxías renovables pero sentimos vulnerado o noso dereito a vivir no rural, na aldea, no lugar onde escollemos vivir. Temos que asumir nós, quen escollemos esta opción de vida, o macroconsumo de enerxía que se está producindo no mundo? Tamén lle dixemos que non nos parecía de recibo convocar unha xuntaza coa industria eólica e que as damnificadas quedáramos á marxe. Agardamos respostas… e grazas a todas as compañeiras e compañeiros que hoxe estívechedes no Burgo apoiando.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: